Bici: ATLAS MARRAKECH (MARROCOS: 30 agosto – 5 setembro do 2010)

Levaba tempo querendo escribir esta liñas. Hoxe puxen no blog algo da bici, e animoume agora a facer isto. A nosa viaxe foi o ano pasado entre finais de agosto e principios de setembro. E moi difícil resumir tantas cousas novas que vimos e por fotos entre ás máis de 1.200 que temos entre todos. En total foron case 350 km:

Beni-Mellal / El Kelaâ M’Gouna: 56 + 67 + 75 + 85 + 60 = 343 km (1 noite + 4 días pedaleando); Medias (km/h) = 14 + 12 +12+ 13,5 +12

Fumos cinco, catro viñeron de Galicia en coche e eu fun dende Cáceres en tren o día anterior: Manel, Tomas, Manolo, Jose e Pablo

Día 1: domingo 30/08/2011 dende Marrakech ás montañas do Atlas (en bici pola noite) 56 km

Saímos do aeroporto de Madrid o domingo pola mañá ás 10:30h. Pablo veu o dia anterior dende Cáceres e durmeu en Madrid. Os demáis viñeron dende Galiza conducindo toda a noite. Chegamos a Marrakech e subimos as bicis nun 4×4 que conducía Amed (Omar, Hamed, etc.). Fumos hacia Beni_Mellal e desviámonos em El-Khiva, e mercamos froita e auga. Subimos a montaña cun sitio pra bañarse tipo praia. Pasando ó outro lado fixemos “a baixada”, empezamos ás 17h en dirección a Imilchil. Según Amed era todo baixada. Nada máis empezar Jose perdeuse. Despois queimouse na bici tentando seguirnos. Fixemos case tódolos kilómetros de noite con linternas. No medio da noite tomamos nun bar típico marroquí coca-colas e fantas de naranxa … aquí non se pode tomar alcohol; ¿onde están as cervexas? Costounos chegar ata a casa dunha familia que atoparon Amed e Jose no 4×4; sempre faltaban dous kilómetros, e ademáis eran “costa abaixo”. Ás 18:30h fíxose de noite e chegamos ás dúas da mañán ó destino (os marroquis están de ramadán). Xantamos ás 3h da mañán, un par de polos cas mans no mesmo prato (bandexa). Onde xantamos, durmimos enriba das alfombras. 56km en total a unha media de 14km/h, todo asfalto en malas condicións. Comezamos a 1.400 m de altura, chegamos a estar a 1.100 e ata 1.800 e o final estabamos de novo a 1.400m.

Día 2: luns 31/08/2010 Atlas – Imilchil (67 km)

Almorzamos pola maña ca familia, eles falando francés e nos galego. A froita estaba moi boa: figos. Tamén tomamos tostadas con unha especie de cereais, aceite, etc. Nun principio todo foi asfalto, tivemos que voltar a un cruce anterior e case todo a beira dun río. As aldeas eran moi pequenas, ne tan sequera aparecen nos mapas. Xantamos nun bar nun pueblo moi pequeño outra vez con Coca-colas e fantas de naranxa. O final do río a subida foi moi forte, uns 5 kms impresionantes cunhas pendentes considerables (subimos de súpeto de 1.900 m a 2.500 m de altura, comezamos o día a 1.400 m). Ó baixar chegamos a un lago moi preto xa de Imilchil (lago Tislit), onde un podiase bañar pero ó que chegamos case de noite. A baixada do lago a cidade xa a fixemos de noite, con ovellas polo medio. Acabamos a etapa 1.800 m de altura. Durmimos en Imilchil nun hotel e ceamos kus-kus. Pola noite Pablo pillou diarrea, e non deixou durmir nen a Tomás nen a Manel. Jose e Manolo durmiron noutra habitación.


Día 3: martes 1 de setembro de 2011 (Imilchil – subida a un 3.000 mts) 75 kms

De Imilchil saímos cedo pola maña, ás 7:30h. Estaban en obras pola cidade, arranxando a estrada de entrada pola que íamos. Pablo nada máis sair xa poteou polo da súa diarrea. A ruta ía a beira do río, con moitas mulleres traballando nas veigas recollendo herba no chan. Ata Agoudal todo asfaltado (35km). O chegar a Agoudal descansamos nun albergue tomando te e coca-colas, nunha haima que estaba montada. A partir de eiquí fumos por pistas de terra, as mellores desde que escomenzamos. Dúas subidas moi longas, todo moi seco, descansamos nun regato de auga cos pes na auga pola calor. Temperatura de 39º con moito aire, parábanos o aire ó pedalear. Fixemos unha subida de case 3.000m (2.915m). Baixada espectacular de 15 km sen moita pendente, pero baixando seguido, con moitos saltos, moi técnica. O chegar o final da baixada, nun albergue quedamonos a durmir. Ceamos brochetas, fixo a cea Jose. Comezamos a 1.800m de altura, chegamos a subir a 2.915m e o final estabamos a 2.108m. Fixemos 75km a 12 km/h de media.


Día 4: mércores 2 de setembro do 2011 Garganta do Dades – Amesker (Val das Rosas) 85 km

Decidimos ir ás gargantas do Dades en vez das do Todra, xa que ainda que estas últimas teñen máis sona, parece ser que as pistas asfaltáronnas o ano pasado. Saímos pola mañá baixando o río cara o sur. Os primeiros 25 km foron todo pistas de terra ata a cidade máis importante da zona “Msemrir” cun mercado cunha praza grande. A partires de eiquí escomenzaron as gargantas do Dades, onde tíñamos bastante asfalto. Xantamos fruta nun estreitamento do río a 52 km. Eiquí bañámonos no río e límpamolas bicis. Despois con Amed marcharon 25 km no coche Jose e Tomás, pra adiantar e poder tomar o cabrito nunha casa a noite ata o desvío do val das Rosas, onde empezada de novo as pistas de terra. Manolo, Manel e Pablo tomaron mentras un te, estabamos a 42º de temperatura. Os 3 fixeron 8 km por estrada na garganta do Dades con fotos espectacuras (ata aquí levávamos 60 km). Zona turística e con máis hoteis do normal. Fumos no coche uns 25 kms, xa que fixemos xa na pista de terra co 4×4 uns 5 kms (no desvío ó val das Rosas). Collemos no coche a Bin Laden. Moita calor, con pistas de terra e pedras, nun terreno de subir e baixar de seguido. Jose e Tomás quedáronse sen auga. Atopámolos descansando despois de cruzar un río e mollalos pes. Fixemos dúas subidas moi duras e unha moi boa baixada. Despois da baixada, percorremos un curso dun río todo cheo de pedras e entramos nunhas covas dos bereveres pra coidar o gando. Chegamos con noite pecha e o final perdemos a Jose e Manolo e Amed tivo que voltar por eles. O chegar a casa da familia, Jose quería darlle unha tunda a Amed 🙂 Ata que non chegamos non se puxeron a facelo cabrito, polo que o ir cear estaba prácticamente crudo, non estaba bo. O sitio onde durmimos e ceamos era agradable, tiña un patio interior e a ducha estaba limpa. Fixemos en total 85 km en bici e 25 km en coche. Estabamos a unha altura de 1.775 km. O lugar onde chegamos no val das Rosas chámase Amesker.


Día 5: xoves 3 de setembro do 2010 Amesker – Trabajash (El Kelaâ M´Gouna) 60 kms

Saímos moi tarde pola mañá, estabamos cansos (11:30h), xa con moita calor nada máis sair (41º). O pouco de escomenzar xa tivemos unha subida durísima, pasamos de 1.775m a 2.314m de altura. Volveu a pinchar Manolo por 6ª vez, agora por unha chincheta no medio do Atlas nunha pista de terra sen casas os 11 km de sair. Chegamos abafados ó alto da subida e tratamos de xantar algo a sombra dunha árbore ridícula. Baixada con moita pendente (posiblemente a que máis de toda a viaxe) e curvas moi pronunciadas con 63 km/h de máximo nesta baixada. Despois da baixada moitas pedras na baixada do curso dun río (o camiño ía polo curso do río Mgoun) e arredor todo estaba cheo de árbores. Chegamos a unha garganta antes de chegar de novo a Amesker, onde nos bañamos en dúas cascadas e xantamos fruta, levábamos 22 kms moi duros. O baixar caeuse Pablo antes de chegar a Amesker (25 km) e marcou unha perna. Baixamos polo val das Rosas no noso último día a beira do río. Fixemos 60 km a 12 km/h de media. Durmimos en casa dunha familia onde o home traballou en Almería, en Trabajash moi preto de El Kelaâ M´Gouna (6º 09´19.51”O). Dimos un paseo polo pueblo antes de ir a cear. Tomás cos labios todos queimados con moitas ampollas pequenas.


Día 6: venres 4 de setembro do 2010 El Kelaâ M´Gouna – Marrakech (sen bici)

Saímos en coche despois de desmontalas bicis, estabamos moi preto da cidade máis importante da zona (El Kelaâ M’Gouna). Entramos co 4×4 nunha estrada grande a que comunica Tinehir con Ourzazate. Paramos aquí a facer algo de turismo, da Kabbah (castelo-fortaleza) e da parte antiga, e unha cidade moi vinculada ó cine (Lawrence de Arabia, Gladiator …), incluso Holywood ten estudios de cine eiquí. Tomamos a nosa primeira cervexa dende que chegamos a Marrocos. Seguimos de novo hacia Marrakech volvendo a cruzar o Atlas con grandes alturas, tanto na subida como na baixada. Compramos pedras arqueolóxicas, moi abundantes na zona. Chegamos a Marrakeck a un bo hotel (un Riad), e fumos a un haman típico marroquí, o masaxe era un home delgadiño que se puña a facer surfing enriba nosa. Pola noite saímos a dar unha volta, ceamos na praza máis típica Jemaa el Fna, con moito mercado e moi concurrida. Zocos con tendas por tódolos sitios. É Ramadán e vimos na praza a hora da oración no gran minarete da praza. Tomamos un xelado nunha terraza e todo o tempo bebendo cousas pra tratar de curar a nosa deshidratación. En toda a praza non había cervexas ó ser ramadán.

Hotel: Riad Zayane Atlas -> http://www.booking.com/hotel/ma/riad-zayane-atlas.html


<!–[if !mso]> <! st1\:*{behavior:url(#ieooui) } –>

TOTAL

Beni-Mellal / El Kelaâ M’Gouna

56 + 67 + 75 + 85 + 60 = 343 km (1 noite + 4 días pedaleando); Medias (km/h) = 14 + 12 +12+ 13,5 +12

pablogarguez

@pablogarguez es actualmente #Investigador y Profesor Titular de Ingeniería Informática de la Escuela Politécnica en la Universidad de Extremadura en Cáceres. Ha sido Director General de Agenda Digital de la Consejería de Economía, Ciencia y Agenda Digital de la Junta de Extremadura, desde septiembre de 2019 a agosto de 2023. Fue Director de la Escuela Politécnica de Cáceres (School of Technology) de la Universidad de Extremadura durante 3 años (2017-2019), con titulaciones de grado, máster y doctorado en los campos de Ingeniería Civil, Edificación, Informática y Telecomunicaciones. Su trayectoria docente comienza en 1997 básicamente en asignaturas de Programación y de Bases de Datos. Su actividad investigadora se ha centrado en el Reconocimiento de Patrones y la Ciberseguridad. Fruto de esta labor de investigación, resaltar que es coautor de más de veinte artículos publicados en revistas internacionales indexadas en JCR, con un índice H de 12 en cuanto a las citas conseguidas por estos artículos. Actualmente tiene 3 sexenios de investigación a nivel nacional, y el último de ellos es un sexenio vivo (activo). También posee un sexenio de transferencia en la única convocatoria abierta hasta ahora por el Ministerio (2019).

Una respuesta a “Bici: ATLAS MARRAKECH (MARROCOS: 30 agosto – 5 setembro do 2010)”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *